Andrómeda (constelación)


Free Web Hosting with Website Builder
Andromeda
Andromeda
Nome Latino Andrómeda
Abreviatura And
Xenitivo Andromedae
Simboloxía A princesa Andrómeda
Ascensión Recta 1 h
Declinación 40°
Área 722 graos cadrados

Rango 19°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Alpheratz (α And)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros

Andromédidas (Biélidas)

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

{{{notas}}}
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Andrómeda (homónimos).

Andrómeda é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.


Índice

Estrelas principais

  • α Andromedae (Alpheratz ou Sirah), de magnitude 2.07, estrela binaria branco-azulada. É a representante máis brillante das estrelas de mercurio-manganeso.
  • β Andromedae (Mirach), tamén de magnitude 2.07, xigante vermella a 200 anos luz e variable semirregular.
  • γ Andromedae (Alamak ou Almach), de magnitude 2,10 cun pequeno telescopio pode verse coma nun sistema dobre (γ¹ e γ²): a súa vez γ² é un sistema estelar triplo.
  • ε Andromedae, cunha magnitude 4,34 é unha xigante amarela cunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia.
  • λ Andromedae, unha das máis brillantes variables RS Canum Venaticorum, cunha variación no seu brillo de 0,28 magnitudes cun período de 54,2 días.
  • ν Andromedae, estrela binaria de magnitude 4,53 onde as súas compoñentes están moi preto entre si.
  • ο Andromedae, sistema estelar cuádruplo de magnitude 3,62.
  • π Andromedae, estrela binaria cunha compoñente azul e a outra branca separadas entre si uns 36 segundos de arco.
  • υ Andromedae, anana amarela máis quente có Sol con tres planetas extrasolares.
  • φ Andromedae, sistema binario formado por dúas estrelas branco-azuladas.
  • S Andromedae, supernova que tivo lugar en 1885 na galaxia de Andrómeda, a primeira supernova observada fora da Vía Láctea.
  • Z Andromedae, estrela variable cataclísmica que cada 10 ou 20 anos aumenta o seu brillo unhas 3 magnitudes. É o prototipo das estrelas simbióticas.
  • GY Andromedae (HR 465), estrela variable cun espectro de emisión peculiar.
  • Groombridge 34, estrela binaria formada por dúas ananas vermellas a 11,62 anos luz da Terra.

Obxectos notables do espazo profundo

  • Galaxia de Andrómeda (M31), (NGC 224). Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +41°16'00" (Época 2000). A unha distancia de 2,2 millóns de anos luz é a galaxia de gran tamaño máis próxima á Vía Láctea. A simple vista observase coma un glóbulo neboento, o seu centro percíbese co uso de binoculares. Nos telescopios de aficionado apreciase coma unha mancha difusa amarelenta. Ten dúas compañeiras: M32 (NGC 221) Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +40°52'00" (Época 2000) e M110 (NGC205) Ascensión Recta: 00h 40m 24.0s Declinación: +41°41'00" (Época 2000). Poden ser observadas con binoculares ou telescopios de baixo aumento, a primeira é máis brillante cá segunda.
  • Andrómeda I e Andrómeda II, tamén galaxias satélites da galaxia de Andrómeda, pero de brillo tan feble que non poden ser observadas polos astrónomos afeccionados.
  • NGC 752. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
  • NGC 891. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de gran apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
  • NGC 7662. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha nebulosa planetaria que se atopa a 2.5º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase NGC 7640 Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha galaxia espiral barrada.

Mitoloxía

Representación da constelación de Andrómeda.

Casiopea e Cefeo, reís de Etiopía eran os pais de Andrómeda. A raiña Casiopea facía alarde da beleza da súa filla, e comparábaa cás Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. As deusas mariñas, en resposta a esta afronta, exisironlle a Poseidón vinganza e foi así coma este enviou un monstro mariño (Cetus) a asola-las costas do país.

Cefeo acudiu ó oráculo de Zeus quen lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro, era sacrificando a súa filla Andrómeda atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.

Nese intre Perseo viña de regreso da súa expedición contra a Gorgona, e vendo á vítima, namorouse dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou ó monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.

Fineo, tío da princesa e con quen se comprometera en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de Medusa converténdoos en pedra con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History