
| Aries | |
|---|---|
| Nome Latino | Aries |
| Abreviatura | Ari |
| Xenitivo | Arietis |
| Simboloxía | o Carneiro |
| Ascensión Recta | 3 h |
| Declinación | +20° |
| Área | 441 graos cadrados
Rango 39° |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
| Estrela máis brillante | α Ari (Hamal)
(magnitude ap. 2.0) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −60°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Decembro |
|
Aries (o carneiro, símbolo
, Unicode ♈) é unha das constelacións do zodíaco; atopase entre as constelacións de Pisces, ó oeste, e Taurus ó leste.
Índice |
As estrelas da constelación Aries poden ser conectadas dun forma alternativa, coma graficamente indica o carneiro que está correndo (ou saltando).
A cabeza do cordeiro está formada polas estrelas α Ari, λ Ari, e β Ari: sendo α Ari de segunda magnitude e beta Arietis de terceira magnitude.
O corpo do carneiro consiste nas estrelas α Ari, η Ari, ε Ari, 41 Ari, e 35 Ari: ε Ari e 41 Ari son de cuarta magnitude.
O rabo do carneiro está formado polas estrelas 35 Ari, 41 Ari, e 39 Ari.
A estrela γ Ari, de cuarta magnitude, representa as patas de adiante, e a estrela δ Ari, tamén de cuarta magnitude, representa as patas de atrás.
Frixo e Hele son fillos de Atamante, rei de Tesalia e de Néfele. Tras quedar viúvo, Atamante volta a casarse con Ino. Anos despois o reino sofre unha etapa de fames e a raíña decide sacrificar ós irmáns para rematar con esa desgraciada época. Hermes salva ós nenos entregándolles un carneiro alado, coa lá ou vélaro de ouro, e dotado do don da fala. Os nenos parten enriba del rumbo a Asia, salvando a vida. Durante a viaxe Hele cae ó mar e afoga, dando o seu nome a esa rexión mariña, que pasará nomearse Helesponto. Frixo chega á Cólquida, onde o seu rei Eeteso adopta e concedelle en matrimonio a súa filla Calcíope.
En agradecemento a Eetes, Frixo sacrifica o carneiro e ofrécelle o vélaro ó rei, quen o consagra a Ares e cólgao dunha anciña nun bosque adicado ó deus, gardado por un descomunal dragón e rodeado por campos onde pastan enormes touros salvaxes.
Segundo algúns, Aries é unha constelación de pouco brillo porque o vélaro de ouro do carneiro ficou na Cólquida.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History