
| Auriga | |
|---|---|
| Nome Latino | Auriga |
| Abreviatura | Aur |
| Xenitivo | Aurigae |
| Simboloxía | O condutor da Carroza |
| Ascensión Recta | 6 h |
| Declinación | +40° |
| Área | 657 graos cadrados
Rango 21° |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
| Estrela máis brillante | Capella (estrela)
(magnitude ap. 0.08) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −40°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Febreiro |
|
Auriga (o condutor da carroza ou cocheiro) é unha constelación do hemisferio norte. A súa localización é bastante sinxela: basta con mirar por riba de Orión. Vese un pentágono de estrelas brillantes, entre as que destaca Capella (α Aurigae).
Índice |
As estrelas da constelación de Auriga poden ser conectadas dunha forma alternativa, a cal amosa graficamente á cabeza do auriga levando un pucho e mirando cara Perseus.
As estrelas α Aur (Capella), β Aur, θ Aur, ι Aur, e ε Aur forman a cabeza do auriga: con α Aur de magnitude cero, β Aur con magnitude dúas, e o resto con magnitude tres. Star α Aur pode ser vista coma o ollo do auriga, onde a estrela ι Aur representa o queixo.
As estrelas β Aur, δ Aur, e α Aur forman o pucho do auriga, con δ Aur na punta do pucho. Finalmente, as estrelas α Aur, ε Aur, ζ Aur, e η Aur forman o nariz: sendo η Aur de terceira magnitude.
Esta constelación ten varias versións da súa orixe na mitoloxía grega:
Nunha, tratase de Mirtilo, fillo de Hermes e de Fetusa, cocheiro de Enómao. A filla deste último, Hipodamia, tiña moitos pretendentes pero o seu pai, para desfacerse deles, retábaos a unha carreira de carros. O que non sabían os seus contrincantes era que os seus cabalos eran divinos e sempre gañaban. O castigo pola derrota era a morte. Un día presentouse Pélope, de quen Hipodamia namorouse inmediatamente, e xuntos subornaron a Mirtilo para que perdera a carreira. O auriga cambiou os cravos de ferro do carro do rei por uns de cera, de forma que durante a carreira estes soltáronse e o carro quedou desfeito. No accidente Enómao morreu arrastrado polos cabalos. Despois da vitoria, Pélope matou a Mirtilo ó tiralo no mar e o auriga na súa caída maldiciu á raza de Pélope. Hermes púxoo no firmamento.
Outra versión relata que representa a Erictonio, nado do seme de Hefesto que fecundou a Gea cando tentou violar a Atenea. O neno foi educado por Atenea, inventou a cuadriga e foi catasterizado por Zeus a causa da súa admiración porque Erictonio competira con Helios.
Noutras versións identificábase esta constelación con Tróquilo, Enómao, Belerofonte, Cilas ou Hipólito.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History