Cáncer (constelación)


Free Web Hosting with Website Builder
Cancer
Cancer
Nome Latino Cancer
Abreviatura Cnc
Xenitivo Cancri
Simboloxía O Cangrexo
Ascensión Recta 9 h
Declinación +20°
Área 506 graos cadrados

Rango 31º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante β Cnc (Altarf)

(magnitude ap. 3.5)

Choiva de meteoros
  • Delta Cancridas
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −60°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo

{{{notas}}}

En astronomía Cáncer, (o cangrexo, símbolo , Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais. A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atopase entre as constelacións de Gemini o Leste, Lynx ó Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ó Sur.

A constelación tamén da o seu nome ó Trópico de Cáncer

Índice

Obxectos Notables do espazo profundo

Cáncer non ten estrelas brillantes. α Cancri só ten magnitude 4,2. Cáncer é coñecida entre os afeccionados é astronomía coma a constelación na que se atopa Praesepe (M44), tamén coñecida coma O pesebre, un cúmulo aberto que conten tamén a estrela ε Cancri e que pode observarse cuns simples prismáticos. O Pesebre abarca máis dun grao cadrado sendo observable a simple vista coma unha luz difusa; situado dentro do Pesebre -aínda que moi lonxe, detrás do mesmo-, hai un grupo de galaxias pertencente ó cúmulo de Coma-Virgo que só son visibles con telescopios de potencia media. Outros obxectos do espazo profundo que se atopan Cáncer son M67, un cúmulo aberto coñecido dende moi antigo e moi vello, e NGC 2775, unha galaxia espiral de magnitude 11,3. Nunha noite clara a constelación conten preto de 50 estrelas visibles a simple vista.

Estrelas principais

  • α Cancri (Acubens), estrela branca de magnitude 4,26 e é só a cuarta máis brillante da constelación.
  • β Cancri (Altarf), a máis brillante da constelación con magnitude 3,53 é unha xigante laranxa a 290 anos luz de distancia.
  • ζ Cancri (Tegmen ou Tegmine), sistema estelar composto por dúas estrelas binarias separadas 5,06 segundos de arco. En total conten coma mínimo catro estrelas.
  • ι Cancri, binaria visual onde as súas compoñentes, separadas 30,6 segundos de arco, poden verse cun pequeno telescopio.
  • κ Cancri, sistema dobre formado por unha estrela branco-azulada variable Alfa2 Canum Venaticorum e unha estrela branca.
  • 55 Cancri (ρ1 Cancri), estrela binaria cunha compoñente principal que é unha anana amarela cun sistema planetario con cinco planetas, catro deles de tipo gasoso e un do tipo terrestre..
  • X Cancri, estrela de carbono de magnitude 6,28.
  • DX Cancri, estrela fulgurante a só 11,82 anos luz da Terra
  • GJ 1116 (EI Cancri), sistema binario a 17 años luz.
  • HR 3617 (HD 78175), estrela múltiple de magnitude 6,87.

Mitoloxía

Imaxe da constelación de Cancer.

A constelación do cangrexo e a constelación da Hydra están relacionadas cun dos doce traballos de Heracles (Hércules romano). A deusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un cangrexo xigante para acabar coa súa vida mentres este loitaba coa temible serpe Hydra. Sen embargo, Heracles saíu vitorioso. Coma recompensa polo seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangrexo e a Hydra no ceo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History