
| Cancer | |
|---|---|
| Nome Latino | Cancer |
| Abreviatura | Cnc |
| Xenitivo | Cancri |
| Simboloxía | O Cangrexo |
| Ascensión Recta | 9 h |
| Declinación | +20° |
| Área | 506 graos cadrados
Rango 31º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | β Cnc (Altarf)
(magnitude ap. 3.5) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −60°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo |
|
| {{{notas}}} | |
En astronomía Cáncer, (o cangrexo, símbolo
, Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais. A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atopase entre as constelacións de Gemini o Leste, Lynx ó Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ó Sur.
A constelación tamén da o seu nome ó Trópico de Cáncer
Índice |
Cáncer non ten estrelas brillantes. α Cancri só ten magnitude 4,2. Cáncer é coñecida entre os afeccionados é astronomía coma a constelación na que se atopa Praesepe (M44), tamén coñecida coma O pesebre, un cúmulo aberto que conten tamén a estrela ε Cancri e que pode observarse cuns simples prismáticos. O Pesebre abarca máis dun grao cadrado sendo observable a simple vista coma unha luz difusa; situado dentro do Pesebre -aínda que moi lonxe, detrás do mesmo-, hai un grupo de galaxias pertencente ó cúmulo de Coma-Virgo que só son visibles con telescopios de potencia media. Outros obxectos do espazo profundo que se atopan Cáncer son M67, un cúmulo aberto coñecido dende moi antigo e moi vello, e NGC 2775, unha galaxia espiral de magnitude 11,3. Nunha noite clara a constelación conten preto de 50 estrelas visibles a simple vista.
A constelación do cangrexo e a constelación da Hydra están relacionadas cun dos doce traballos de Heracles (Hércules romano). A deusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un cangrexo xigante para acabar coa súa vida mentres este loitaba coa temible serpe Hydra. Sen embargo, Heracles saíu vitorioso. Coma recompensa polo seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangrexo e a Hydra no ceo.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History