Carina


Free Web Hosting with Website Builder
Carina
Carina
Nome Latino Quilla
Abreviatura Car
Xenitivo Carinae
Simboloxía A Quilla (do Argo Navis)
Ascensión Recta 9 h
Declinación −60°
Área 494 graos cadrados

Rango 34°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante Canopo (α Car)

(magnitude ap. −0.7)

Choiva de meteoros
  • Alpha Carinidas
  • Eta Carinidas
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +20° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo

Carina (a quilla) é unha constelación do sur que forma parte da vella constelación de Argo Navis (ou navío Argo). A Unión Astronómica Internacional dividiuna en catro compoñentes: Carina (a Quilla), Vela (a Vela), Puppis (a Popa) e Pyxis (o Compás).

Índice

Estrelas principais

  • α Carinae (Canopo), segunda estrela máis brillante do firmamento, de magnitude -0,72, é unha superxigante branco-amarela a 310 anos luz de nós. Aínda que se trata duna estrela do hemisferio sur pode observarse dende a costa africana do Mar Mediterráneo.
  • β Carinae (Miaplacidus), despois de Canopo a máis brillante da constelación (magnitude 1,67), unha subxigante branca.
  • ε Carinae (Avior), de magnitude 1,86, o seu nome foille asignado na década de 1930 ó crearse The Air Almanac, un calendario de navegación usado polas forzas aéreas británicas.
  • η Carinae (Eta Carinae), unha das estrelas máis masivas do universo, cunha enorme luminosidade de ó redor de catro millóns de veces a do Sol, e cunha masa estimada entre 100 e 150 veces a masa da nosa estrela local.
  • ι Carinae (Aspidiske), de magnitude 2,21, unha superxigante branca a 690 anos luz.
  • υ Carinae, de magnitude 2,92, estrela binaria que pode ser vista cuns simples binoculares. A separación entre as compoñentes é de 5 segundos de arco.
  • χ Carinae (Drys), subxigante azul de magnitude 3,46 distante 387 anos luz.
  • S Carinae, estrela variable Mira cun brillo que varía entre magnitude 4,5 e 9,9 nun ciclo de 149,49 días.
  • AG Carinae, variable luminosa azul un millón de veces máis luminosa có Sol.
  • HD 84810 (l Carinae), estrela variable cefeida, cunha magnitude que oscila entre 3,28 e 4,18 nun ciclo de 35,54 días. É unha das cefeidas máis brillantes, visible a simple vista.
  • HD 93129, sistema estelar masivo onde a súa compoñente HD 93129 é unha das estrelas máis luminosas que se coñecen.
  • WR 20a, sistema binario composto por dúas estrelas de Wolf-Rayet.
  • Sher 25, distante superxigante azul que se pensa que está a punto de estourar coma supernova.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 2516, cúmulo aberto de gran tamaño, atopase a 1300 anos luz. AR: 07h 58m 18.0s Dec: -60°52'00" (Época 2000).
  • NGC 2808, cúmulo globular grande e rico en estrelas. AR: 09h 12m 00.0s Dec: -64°52'00" (Época 2000).
  • NGC 3114, cúmulo aberto. AR: 10h 02m 42.0s Dec: -60°07'00" (Época 2000).
  • NGC 2867, nebulosa planetaria a 1,2º NNL de Aspidiske (ι Carinae), a súa estrela central é unha estrela de Wolf-Rayet.
  • Gran Nebulosa de Carina (NGC 3372), de magnitude de 6, rodeando a estrela Eta Carinae. AR: 10h 43m 48.0s Dec: -59°52'00" (Época 2000).
  • Cúmulo Theta Carinae (IC 2602), grupo dunhas sesenta estrelas onde θ Carinae é a máis brillante. AR: 10h 43m 12.0s Dec: -64°24'00" (Época 2000).
  • Anana de Carina, pequena galaxia satélite de la Vía Láctea.

Véxase tamén

A desmantelada constelación de Argo Navis

Outros artigos

Mitoloxía

Para revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los ártigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas.

Astronomía

Para máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:

- Ligazóns externas a Argo Navis:

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


Constelacións obsoletas incluíndo Argo Navis de Ptolomeo

Anser | Antinoo | Argo Navis | Asterion | Cancer Minor | Cerberus | Chara | Custos Messium | Felis | Frederici Honores/Gloria Frederici | Gallus | Globus Aerostaticus | Jordanus | Lochium Funis | Machina Electrica | Malus | Mons Maenalus | Musca Borealis | Noctua | Officina Typographica | Polophylax | Psalterium Georgii/Harpa Georgii | Quadrans Muralis | Ramus Pomifer | Robur Carolinum | Sceptrum Brandenburgicum | Sceptrum et Manus Iustitiae | Solarium | Tarandus vel Rangifer | Taurus Poniatovii | Telescopium Herschelii | Testudo | Tigris | Triangulum Minor | Turdus Solitarius | Vultur







Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History