
O catasterismo é a transformación mitolóxica dun personaxe nunha estrela ou nunha constelación na mitoloxía grega. A configuración das constelacións como figuras, tal e coma aínda hoxe se designan, viría desta mitoloxía, así coma a do zodíaco.
Catasterismo recolle o maduro e definitivo desenvolvemento dun longo proceso: a asimilación por parte dos Helenos do zodíaco mesopotámico, transmitido a través dos Persas e traducido e harmonizado cós termos coñecidos da mitoloxía Grega. O esforzo fundamental nesta tradución foi a aplicación da nomenclatura dos mitos gregos para designa-los nomes de estrelas individuais, asterismos coma o das Pléiades e Hyades, e tamén as constelacións. Na Grecia Clásica, as "estrelas divinas" e os deuses cás rexían eran entidades separadas, coma Plato; pero na cultura Helenística, a asociación foise convertendo en inseparable identificación, así pois Apollo, non foi por máis tempo o rexente do Sol, se non Helios (Seznec 1981, pp 37–40).
Índice |
A palabra é un cultismo tomado do grego katasterismoi, o seu significado é colocado entre as estrelas. O término procede do título dun libro de Eratóstenes de Cirene, matemático grego afincado en Alexandría, no que describía algunhas destas transformacións.
O propio Eratóstenes tería creado o catasterismo de Berenice, muller de Evergetes (terceiro Ptolomeo), quen era a súa raiña, convertendo a súa cabeleira en toda unha constelación.
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History