Cetus


Free Web Hosting with Website Builder
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Balea (homónimos).
Cetus
Cetus
Nome Latino Cetus
Abreviatura Cet
Xenitivo Ceti
Simboloxía A Balea ou Monstro mariño
Ascensión Recta 1.42 h
Declinación −11.35°
Área 1231 graos cadrados

Rango 4°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante β Cet (Diphda ou Deneb Kaitos)†

(magnitude ap. 2.04)

Choiva de meteoros
  • Cetidas de Outubro
  • Eta Cetidas
  • Omicron Cetidas
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +70° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

Nota:Mira (ο Cet) ten magnitude 2.0 cando acada o seu máximo brillo.

Cetus (a balea ou o monstro mariño) é unha constelación do hemisferio sur, nunha rexión coñecida coma Mar, cerca doutras constelacións coma Aquarius, Pisces e Eridanus.

Índice

Estrelas principais

  • α Ceti (Menkar), xigante vermella de magnitude 2,54 que forma unha binaria óptica coa estrela 93 Ceti.
  • β Ceti (Deneb Kaitos ou Diphda), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,04, é unha xigante de cor amarelo-laranxa.
  • γ Ceti (Kaffaljidhma), estrela binaria de cor amarela e azul a través do telescopio; ambas compoñentes están separadas uns 3 segundos de arco.
  • δ Ceti, subxigante branco-azulada de magnitude 4,08 e variable Beta Cephei.
  • ζ Ceti (Baten Kaitos), unha xigante laranxa de magnitude 3,9.
  • μ Ceti, subxigante branco-amarela de magnitude 4,27, variable de tipo Delta Scuti.
  • ξ Ceti, da nome a dúas estrelas diferentes: ξ1 Ceti, unha superxigante amarela e binaria espectroscópica, e ξ2 Ceti, unha xigante branco-azulada.
  • ο Ceti (Mira), foi a primeira estrela variable desceberta en 1596 (estrela marabilla). Prototipo de variables de longo período (ciclo de 332 días variando de magnitude 2,2 a 10) que levan o seu nome (variables Mira).
  • τ Ceti, de magnitude 3, a menos de 12 anos luz da Terra e por onde se comezou a buscar vida extraterrestre debido a que é un astro moi semellante ó Sol.
  • 94 Ceti, sistema binario composto por unha anana amarela e unha anana vermella; ó redor da primeira descubriuse un planeta extrasolar.
  • Luyten 726-8, a sexta estrela máis próxima á Terra forma un sistema binario de dúas ananas vermella. Luyten 726-8 B, chamada tamén UV Ceti, é un exemplo típico de estrela fulgurante.
  • YZ Ceti, tamén estrela fulgurante a 12 anos luz do sistema solar.
  • ZZ Ceti, anana branca púlsante, prototipo dun grupo de variables que levan o seu nome.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • M77 (NGC 1068), unha das galaxias máis grandes do catálogo Messier, membro dominante dun grupo de galaxias que leva o seu nome (Grupo de M77). AR: 02h 42m 42.0s Dec: -00°01'00" (Época 2000).
  • NGC 1055, galaxia espiral que forma un sistema binario con M77.
  • Un grao ó leste-sueste de M77, as galaxias espirais NGC 1087 e NGC 1090.
  • NGC 615, tamén una galaxia espiral. AR: 01h 35m 06.0s Dec: -07°20'00" (Época 2000).
  • NGC 247, galaxia espiral membro do Grupo Sculptor. AR: 00h 47m 06.0s Dec: -20°46'00" (Época 2000).
  • NGC 217, galaxia espiral, NGC 1042, galaxia espiral barrada, e NGC 1052, galaxia elíptica.
  • NGC 45, galaxia espiral de moi baixo brillo superficial.
  • Galaxia de Wolf-Lundmark-Melotte, de magnitude 11,0 é unha galaxia irregular nos límites do Grupo Local.
  • Galaxia IC 1613, galaxia anana pertencente ó Grupo Local.
  • NGC 246, nebulosa planetaria de pequeno diámetro.

Mitoloxía

Cetus.

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. Casiopea estaba tan fachendosa da beleza da súa filla que, por rivalizar coas Nereidas, estas pedíronlle a Poseidón, deus dos mares, vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) á costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consultou ó oráculo de Amón, quen lle aconsellou sacrifica-la súa filla Andrómeda expoñéndoa atada a unha rocha nun acantilado para que fose vítima do monstro. Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e namorouse no acto dela. Propúxolle a Cefeo liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man. Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.

Vexase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History