
| Corona borealis | |
|---|---|
| Nome Latino | Corona Borealis |
| Abreviatura | CrB |
| Xenitivo | Coronae Borealis |
| Simboloxía | A Coroa do Norte |
| Ascensión Recta | 16 h |
| Declinación | +30° |
| Área | 179 graos cadrados
Rango 73º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
| Estrela máis brillante | (α CrB) (Alphecca ou Gemma)
(magnitude ap. 2,2) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −50°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo |
|
Corona Borealis (Latin para Coroa Boreal) é unha pequena constelación boreal onde as súas principais estrelas forman un arco semicircular. Esta é unha das 88 constelacións modernas, e foi tamén unha das 48 constelacións listadas por Ptolomeo, quen referiu á constelación coma Coroa. A palabra Borealis foi engadida despois, en contraste coa Corona Australis, a Coroa Austral.
Non ten estrelas de primeira magnitude. A súa estrela máis brillante, α CrB (Alphecca, tamén coñecida coma Gemma) ten unha magnitude de 2,2 (lixeiramente variable) e é considerada membro difuso da asociación estelar da Ursa Major. A constelación contén moitas estrelas variables interesantes: dúas das máis coñecidas son R Coronae Borealis e T Coronae Borealis.
Índice |
Corona Borealis non contén obxectos do espazo profundo brillantes. Abell 2065 é un cúmulo de galaxias que contén cerca de 400 membros, o máis brillante deles é de magnitude 16.
Na mitoloxía grega a coroa pertence a Ariadna, filla do rei de Minos. Ariadna non quería acepta-la proposta de matrimonio de Dionisio, que tiña forma mortal, pois non quería casar cun humano despois de ser abandonada por Teseo. Para probar que era un deus, Dionisio quitouse a coroa e lanzouna ó ceo. Ariadna, compracida, casou con el e tornou inmortal.
Outra lenda di que Dionisio agasallou a Ariadna unha coroa coma presente de bodas. Cando ela morreu, o deus lanzou a coroa ó ceo onde ficou coma constelación. Posteriormente Ariadna foi divinizada por Zeus.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History