
| Crux | |
|---|---|
| Nome Latino | Crux |
| Abreviatura | Cru |
| Xenitivo | Crucis |
| Simboloxía | A Cruz do Sur |
| Ascensión Recta | 12 h |
| Declinación | −60° |
| Área | 68 graos cadrados
Rango 88º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
| Estrela máis brillante | Acrux (α Cru)
(magnitude ap. 0.87) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +20° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio |
|
Crux, a cruz, normalmente chamada a Cruz do Sur (en contraste coa Cruz do Norte), é a constelacións máis pequena (por área) das 88 constelacións modernas, pero tamén é unha das máis famosas.
Pode ser moi útil para a orientación: Se se estende o seu eixe principal da cruz unhas cinco veces, acadase o polo sur no ceo.
A Cruz do Sur está rodeada sobre tres dos seus lados pola constelación Centaurus, mentres que o sur fica a Mosca (Musca). Os Gregos antigos crearonna coma parte de Centaurus, pero foi definida como un patrón estelar independente no século XVI, despois da expedición de Américo Vespucio a Suramérica no 1501. Vespucio debuxou un mapa das dúas estrelas, Alpha Centauri e Beta Centauri, así coma das estrelas da Cruz. Aínda que os Gregos antigos coñecían estas estrelas, a precesión gradual foinas poñendo por debaixo horizonte europeo de modo que foron esquecidas.
Índice |
As cinco estrelas máis brillantes de Crux (α, β, γ, δ, e ε Crucis) aparecen nas bandeiras de Australia, Brasil, Nova Celandia (epsilon omitida), Papúa Nova Guinea, e Samoa, tamén nas bandeiras dos estados e territorios de Vitoria, Territorio da Capital Australiana (ACT), Territorio Norte (NT), así coma na bandeira da rexión de Magallanes de Chile, e en moitas bandeiras e emblemas das provincias da Arxentina. A bandeira da zona comercial Mercosur amosa catro destas estrelas (epsilon omitida). Crux tamén aparece no escudo de Brasil. As cinco estrelas tamén están no escudo no equipo de fútbol brasileiro do Cruceiro. Tamén aparece a Crux en varias divisións do exercito estadounidense destinadas no hemisferio sur (sobre todo no pacífico sur).
Varias culturas de América do Sur[3] consideraron a esta constelación coma un símbolo. Por exemplo, os mapuches situados no sur de Suramérica considerábana una representación do choike (especie de avestruz cativo), animal sagrado nas súas crenzas.
Na Patagonia setentrional, cara ó século XVI e XVII, imaxinábanse ca Vía Láctea era a representación dun campo de caza de ñandúes, onde os cazadores utilizaban boleadoras representadas polo "punteiro" (α e β centauri) mentres cás Nubes de Magallanes representaban os corpos dos animais cazados e as Pléiades (coñecida na rexión coma "os sete cabritiños") eran o niño do ñandú.
Para os mocovíes, na rexión chaqueña, o punteiro e a súas estrelas próximas representaban dous cans de caza e a a cruz do sur o corpo central do ñandú atacado, mentras cas restantes estrelas preto da cruz completaban a figura do animal.
Para os bororó, no Brasil, a cruz era parte dun constelación que representaba a un avestruz, sendo a propia cruz unha das dúas patas do mesmo.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History