Delphinus


Free Web Hosting with Website Builder
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Golfiño (homónimos).
Delphinus
Delphinus
Nome Latino Delphinus
Abreviatura Del
Xenitivo Delphini
Simboloxía Golfiño
Ascensión Recta 20.7 h
Declinación +13.8°
Área 189 graos cadrados

Rango 69º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante Rotanev (β Del)

(magnitude ap. 3.63)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −70°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro

Delphinus (IPA: /ˌdɛlˈfʌɪnəs/, latín: o golfiño ou delfín), é unha pequena constelación do hemisferio norte moi preto do ecuador celestial. Xa fóra inserida na lista de Ptolomeo de 48 constelacións e tamén forma parte da lista moderna de 88 constelacións aprobadas pola UAI .

Delphinus ten o aspecto dun golfiño ó saltar e pode ser recoñecida de xeito dóado no firmamento. Atopase rodeada por Vulpecula (a raposa), Sagitta (a frecha), (Aquila) a águia , a constelación zodiacal de Acuario, o pequeno cabalo Equuleus e finalmente por Pegaso, o cabalo alado. Outro xeito de recoñecela é por ter unha forma semellante a dunha cometa é polo seu pequeno tamaño.

Índice

Estrelas principais

  • α Delphini (Sualocin), de magnitude 3,8, ten sete compoñentes, aínda que só dúas delas forman un sistema estelar.
  • β Delphini (Rotanev), a máis brillante da constelación (magnitude 3,6), é igualmente unha estrela múltiple de cinco compoñentes, aínda que só dúas delas están físicamente relacionadas.
  • γ Delphini, unha das estrelas binarias máis estudadas composta por unha subxigante laranxa e unha anana amarela.
  • δ Delphini, estrela variable de magnitude 4,43. Xunto coas tres anteriores forma o asterismo chamado o Féretro de Job.
  • ε Delphini (Deneb Dulfim), estrela azul de magnitude 3,95, a terceira máis brillante da constelación.
  • ζ Delphini, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,68.
  • ρ Aquilae, a pesar da súa denominación pertence á constelación de Delphinus, á que entrou dende Aquila no 1992. A súa magnitude é 4,94.
  • R Delphini, variable tipo Mira de brillo variable entre magnitude 8,3 e 13,3 cun período de 285 días.
  • U Delphini, xigante vermella e variable semirregular cun período principal duns 1200 días.
  • EU Delphini, tamén xigante vermella e variable semirregular cun período de 59,7 días.
  • HD 195019, estrela binaria cun exoplaneta do tipo "Xúpiter quente".
  • HD 196885 (HR 7907), estrela subxigante amarela cun planeta extrasolar.

Obxectos Notables de espazo profundo

  • Nebulosas planetarias NGC 6891 e NGC 6905.
  • NGC 7006, cúmulo globular de magnitude 12, situado a case a 160.000 anos luz.
  • NGC 6934, tamén un cúmulo globular de magnitude 9,75.

Mitoloxía

Segundo a lenda, Anfítrite, unha das Nereidas, accedeu a casar con Poseidón, do que tiña tentado escapar e agocharse, pero foi atopada por un golfiño. Poseidón quedou tan agradecido ó golfiño que o puxo entre as estrelas.

Vésaxe tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History