Gemini


Free Web Hosting with Website Builder
Para ver referencias ó signo zodiacal ir a: Xémini
Gemini
Gemini
Nome Latino Gemini
Abreviatura Gem
Xenitivo Geminorum
Simboloxía Os Xemelgos
Ascensión Recta 7 h
Declinación 20°
Área 514 graos cadrados

Rango 30º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Pólux (β Gem)

(magnitude ap. 1.1)

Choiva de meteoros
  • Gemínidas
  • Rho Gemínidas
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −60°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Febreiro

Gemini ou Xémini (os Xemelgos, símbolo , Unicode ♊) é a terceira constelación del zodíaco, e atopase a uns trinta graos ó noroeste de Orión. William Herschel descobreu Urano preto de η Geminorum no 1781, e Clyde Tombaugh fixo o propio con Plutón preto de δ Geminorum.

Índice

Estrelas principais

  • α Geminorum (Cástor) é a segunda estrela máis brillante da constelación (magnitude visual 1,58). Dase a circunstancia de que Cástor é en realidade un sistema de seis estrelas (sistema estelar múltiple), só visibles con telescopios potentes.
  • β Geminorum (Pólux), a estrela máis luminosa da constelación (magnitude 1,16), xigante de cor laranxa a 36 anos luz de nós.
  • γ Geminorum (Alhena), a terceira máis brillante con magnitude 1.93, unha binaria espectroscópica formada por unha subxigante branca acompañada dunha anana amarela.
  • δ Geminorum (Wasat), sistema binario cunha estrela amarela e outra laranxa, pódese ver este sistema binario cun pequeno telescopio.
  • ε Geminorum (Mebsuta), que se atopa na perna dereita de Cástor.
  • ζ Geminorum (Mekbuda), estrela variable cunha magnitude que oscila entre 3,7 e 4,2 nun período de dez días.
  • η Geminorum (Tejat Prior), sistema estelar onde a estrela principal é unha variable semirregular cunha magnitude oscila entre 3,2 e 3,9.
  • μ Geminorum (Tejat Posterior), a cuarta máis brillante con magnitude 2,87, xigante vermella e variable irregular. Interesante para observación visual ou con prismáticos.
  • ξ Geminorum (Alzir), de magnitude 3,35, unha subxigante amarela a 57 anos luz.
  • σ Geminorum, estrela variable RS Canum Venaticorum.
  • 1 Geminorum, sistema estelar múltiple de magnitude 4,15 que marca a posición do solsticio de verán.
  • 37 Geminorum, anana amarela idéntica ó Sol que está sendo obxecto de gran interese por si existe vida no seu redor.
  • U Geminorum, arquetipo dun tipo de estrela variable, as novas ananas.
  • TU Geminorum, estrela de carbono dunha cor vermella intensa.
  • HD 59686, xigante laranxa cun planeta ó redor.
  • Geminga, pulsar que emite raios gamma e raios X; pensase que poden se-los restos dunha supernova que estourou fai uns 300.000 anos.

Obxectos notables do espazo profundo

  • Cúmulo aberto M35 ou NGC 2168, facilmente visible con prismáticos: a través de calquera telescopio aparece formado por unha gran cantidade de estrelas de brillo medio.
  • Moi preto de M35 e en claro contraste co mesmo, o cúmulo NGC 2158, moito máis antigo e lonxano.
  • Cúmulo aberto NGC 2420, 4º ó leste de Wasat (δ Geminorum).

Ademais en Xémini hai varias nebulosas interesantes, entre as que destacan:

  • NGC 2392, Cara de Paiaso ou Nebulosa Esquimal, de magnitude 10 cunha brillante estrela central.
  • A pequea nebulosa planetaria NGC 2371.
  • Abell 21 ou Nebulosa Medusa, nebulosa planetaria grande e antiga, de 5 arcmin de diámetro.
  • IC 443, nebulosa difusa remanente dunha supernova, preto de Tejat Prior (η Geminorum).

Mitoloxía

Gemini, os Xemelgos.

Na [mitoloxía grega], os xemelgos son Cástor e Polideuco (Pólux para os romanos). Naceron dun ovo que puso Leda, a raiña de Esparta, despois de copular con Zeus convertido en cisne. Cástor, o mortal, era fillo do rei Tíndaro; o inmortal Polideuco era fillo de Zeus.

Ambos participaron en varias fazañas colectivas: na cacería do xabarín de Calidón e na viaxe dos Argonautas, entre outras.

Os xemelgos tiveron unha disputa cós seus primos Idas e Linceo. Idas asasinou a Cástor cunha lanza, ós que Polideuco, a pesares das súas feridas, respondeu matando a Linceo. Zeus interveu e matou a Idas. Polideuco rexeitou a súa condición de inmortal se non podía compartila con Cástor. Por esto Zeus colocounos entre as constelacións.

Visualización Gráfica

Diagrama da forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Gemini. Un par de xemelgos collidos da man.

As estrelas da constelación de Gemini poden ser conectadas dun xeito alternativo, tal como amosa o gráfico, amosando a dous xemelgos collidos da man.

O xemelgo da dereita é Castor, onde a súa estrela maís brillante é alpha Geminorum (máis comunmente coñecida coma Castor), é de segunda magnitude, e representa a cabeza de Castor. O xemelgo da esquerda é Pollux, a súa estrela máis brillante é beta Geminorum (máis coñecida coma Pollux), é de primeira magnitude, e representa a cabeza de Pollux.

O torso de Pollux é representado pola estrela upsilon Geminorum, a man dereita de Pollux é representada por iota Geminorum, e a man esquerda por kappa Geminorum: as tres estrelas de cuarta magnitude.

A pelve de Pollux é a estrela delta Geminorum, o xeonllo dereito de Pollux é zeta Geminorum, e o pé dereito é gamma Geminorum, o xeonllo esquerdo de Pollux está representado pola estrela lambda Geminorum, e o pé por xi Geminorum. Gamma Geminorum é de segunda magnitude, delta e xi Geminorum son de terceira.

O torso de Castor está representado pola estrela tau Geminorum, a man esquerda por iota Geminorum (que é compartida con Pollux), e a man dereita é theta Geminorum: as tres estrelas son de cuarta magnitude.

A pelve de Castor está representada pola estrela epsilon Geminorum, o pé esquerdo por nu Geminorum, e o pé dereito por mu Geminorum e eta Geminorum: epsilon, mu, e eta Geminorum son de cuarta magnitude.

Vésaxe tamén

Outros Artigos

  • Cúmulo aberto Messier 35.

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History