Grus


Free Web Hosting with Website Builder
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grus (homónimos).
Grus
Grus
Nome Latino Grus
Abreviatura Gru
Xenitivo Gruis
Simboloxía A grúa
Ascensión Recta 22 h
Declinación −47°
Área 366 graos cadrados

Rango 45º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante α Gru (Al Na'ir)

(magnitude ap. +1,73)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +34° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Outubro

Grus (latín para grúa) é unha constelación austral. É unha das 20 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603. Un nome alternativo (obsoleto na actualidade) para esta constelación era, Phoenicopterus (Latin para flamengo), que foi usado en Inglaterra durante o século XVII[1].

Índice

Historia e mitoloxía

Ata o século XVII, Grus foi considerada parte de Piscis Austrinus. Os nomes, en lingua árabe, de moitas das súas estrelas reflexan esta clasificación. Dado que foi creada no século XVII non ten mitoloxía relacionada.

Estrelas

Estrelas principais

  • α Gruis (Al Nair ou Alnair), estrela subxigante branco-azulada de magnitude 1,73, a máis brillante da constelación. Atopase a pouco máis de 100 anos luz.
  • β Gruis, xigante vermella e variable irregular cun brillo que varía entre magnitude 2,0 e 2,3.
  • γ Gruis (Aldhanab), xigante branco-azulada de magnitude 3,01.
  • δ Gruis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Gruis, unha xigante amarela de magnitude 3,97, e δ2 Gruis, xigante vermella e variable irregular de magnitud 4,12. Pensase que as dúas estrelas non están fisicamente relacionadas.
  • τ Gruis, denominación compartida por tres estrelas diferentes: τ1 Gruis, estrela amarela a 109 anos luz da Terra onde se descobreu un planeta extrasolar, τ2 Gruis, estrela binaria composta por dúas ananas amarelas, e τ3 Gruis, estrela Am cun espectro peculiar.

Outras estrelas con designación de Bayer

  • ε Gru 3,49; ζ Gru 4,11; η Gru 4,84; θ Gru 4,28; ι Gru 3,88; κ Gru 5,37; λ Gru 4,47; μ1 Gru 4,79; μ2 Gru 5,11; ν Gru 5,47; ξ Gru 5,29; ο Gru 5,53; π1 Gru 6,42; π2 Gru 5,62; ρ Gru 4,84; σ1 Gru 6,28; σ2 Gru 5,85; υ Gru 5,62; φ Gru 5,54

Outras estrelas

  • HD 211415 (HR 8501), estrela binaria composta por unha anana amarela semellante ó Sol de magnitude 5,37 e unha anana vermella separadas 3 segundos de arco. Áchase a 44 anos luz de distancia.
  • BZ Gruis (HD 208435), estrela variable Delta Scuti cunha variación de brillo de 0,08 magnitudes.
  • CC Gruis (HD 214441), tamén una variable Delta Scuti cunha oscilación no seu brillo de 0,06 magnitudes.
  • HD 213240, anana amarela cun planeta do tipo W (xigante de auga).
  • HD 208487, estrela semellante ó Sol onde tamén se descubriu un planeta.



Véxase tamén

Referencias

  1. Obsolete Constellations: Phoenicopterus

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias







Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History