
| Hydra | |
|---|---|
| Nome Latino | Hydra |
| Abreviatura | Hya |
| Xenitivo | Hydrae |
| Simboloxía | A Hydra |
| Ascensión Recta | 8-15h h |
| Declinación | −20° |
| Área | 1303 graos cadrados
Rango 1º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
| Estrela máis brillante | Alfard (α Hya)
(magnitude ap. 1.98) |
| Choiva de meteoros |
Alpha Hydridas |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +54° e −83°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril |
|
Hydra é a maís grande das 88 constelacións modernas, e foi unha das 48 constelacións que Ptolomeo catalogou. Non debe ser confundida con Hydrus.
Índice |
Hidra é a constelación moderna máis grande, cun área de 1303 graos cadrados. A pesar da súa extensión, en Hidra hai só unha estrela bastante brillante, Alfard (α Hya, 30 Hya), de magnitude aparente 1,98.
R Hydrae é unha estrela variable Mira, que cambia dende magnitude 3.5 (neses momentos é visible a simple vista) ata 10.9, cando acada esta magnitude só pode ser observada cun telescopio.
Hai varias estrelas dobres interesantes en Hydra. Epsilon Hydrae (ε Hya) é unha estrela binaria con compoñentes de magnitudes 3.3 e 6.8, separadas por 2.7 segundos de arco. N Hydrae (N Hya) é unha parella de estrelas con magnitudes 5.8 e 5.9. Struve 1270 (Σ1270) é outra estrela dobre con magnitudes 6.4 e 7.4.
Nesta constelación tamén está a fonte de radio Hydra A.
A constelación Hydra aparece coma unha serpe retorcéndose, e así aparece nalgúns mitos gregos. Na mitoloxía grega, Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero éste descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a agua no cráter (vasilla ou cunca), trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Segundo o mito, Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, o cráter e a serpe ó ceo. A orixe da lenda podería vir da proximidade desta constelación coas de Crater, e Corvus.
A Hydra foi tamén asociada ó mito da Hidra de Lerna (vencida por Hércules nunha das doce tarefas de Hércules). A súa posición no ceo (baixo a eclíptica) e xunto á constelación Cáncer (preto da súa cabeza) pode se-la orixe de parte do mito.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History