
| Leo | |
|---|---|
| Nome Latino | Leo |
| Abreviatura | Leo |
| Xenitivo | Leonis |
| Simboloxía | o león |
| Ascensión Recta | 11 h |
| Declinación | 15° |
| Área | 947 graos cadrados
Rango 12º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
3 |
| Estrela máis brillante | Regulus (α Leo)
(magnitude ap. 1,4) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −65°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril |
|
Leo (o león, símbolo
, Unicode ♌), é unha das constelacións do zodíaco. Atopase entre Cancer e Virgo.
Índice |
Pode que sexa unha das constelacións máis coñecidas, Leo contén moitas estrelas brillantes, destacando os sistemas estelares Régulo (α Leonis) -o corazón do león- e Algieba (γ Leonis), así coma Denébola (β Leonis), que posúe un disco circumestelar. Moitas outras estrelas máis febles tamén reciben nomes propios, entre elas δ Leonis (Duhr ou Zosma), θ Leonis (Chertan ou Chort), λ Leonis (Alterf) e ο Leonis (Subra). Wolf 359, a terceira estrela máis próxima ó sistema solar (7,7 anos luz), está en Leo. A estrela de carbono CW Leonis é a estrela máis brillante no ceo nocturno na banda-N infravermella de (lonxitude de onda de 10 μm).
Leo contén gran cantidade de galaxias (en realidade parte do Cúmulo de Galaxias de Virgo), visibles só con telescopios, onde destacan:
O nacemento de Leo remontase á antigüidade, aínda que é posterior ás de Aries, Taurus e Sagittarius. Leo, correspondese co León de Nemea, fillo de Tifón e Equidna, animal invulnerable que arrasaba os campos devorando ás persoas e ó gando. A primeira tarefa de Hércules foi matalo. O León tiña coma morada unha cova con dúas entradas; Hércules tapou unha delas e entrou pola outra para sorprender á fera. Abrazou ó león esganándoo ata afogalo, e despois cas súas propias poutas espelicouno e tomou para si mesmo a súa pel e a súa cabeza coma casco. Zeus transformou ó león en constelación para honrar ó seu fillo.
En Mesopotamia, simbolizaba o lume e a culminación do quentamento solar no hemisferio norte. No Exipto, representaba ó Sol e a Monarquía. Os israelitas asociárono con Xudá, que se recosta coma o león, razón pola que figura no estandarte do reino homónimo. A tradición xudeocristiana relaciónao co evanxelista San Marcos.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History