Libra


Free Web Hosting with Website Builder
Libra
Libra
Nome Latino Libra
Abreviatura Lib
Xenitivo Librae
Simboloxía A Balanza
Ascensión Recta 15 h
Declinación −15°
Área 538 graos cadrados

Rango 29º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante Zubeneschamali (β Lib)

(magnitude ap. 2.6)

Choiva de meteoros
  • Líbridas de Maio
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +65° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xuño

Libra (a balanza, símbolo , Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.

Índice

Estrelas principais

  • α Librae (Zubenelgenubi), estrela binaria cunhas compoñentes que se atopan separadas algo menos de 4 minutos de arco.
  • β Librae (Zubeneschamali), a máis brillante da constelación con magnitude 2,61 ha sido descrita frecuentemente como una estrela verde. De tipo espectral B8V é unha estrela 130 veces máis luminosa co Sol.
  • γ Librae (Zubenelakrab), xigante amarela de magnitude 3,91.
  • ι Librae, denominación que engloba a dúas estrelas distintas: ι1 Librae, estrela múltiple de magnitude 4,54 a 376 anos luz, e ι2 Librae, estrela branca a 219 anos luz.
  • σ Librae (Brachium ou Zubenhakrabi), xigante vermella e variable semirregular, cun brillo que varía entre magnitude 3,2 e 3,46 nun período de 20 días.
  • υ Librae, xigante laranxa de magnitude 3,58.
  • 23 Librae, anana amarela cun planeta extrasolar.
  • Gliese 570 (HR 5568), sistema estelar triplo ó que acompaña unha distante anana marrón.
  • Gliese 581 (HO Librae), [[anana vermella] ó seu redor descubríronse tres planetas extrasolares.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 5897, cúmulo globular de magnitude 8,6 fácil de observar, con algo máis de 7 minutos de arco de diámetro. Atopase facilmente a pouco máis dun grao e medio ó sueste de ι Librae.
  • NGC 5898 e NGC 5903, dúas galaxias elípticas de magnitudes 11,4 e 11,2; localízanse ó leste de Brachium (σ Librae).
  • NGC 5728 galaxia espiral de magnitude 11,4 situada ó suroeste de Zubenelgenubi (α Librae).
  • NGC 5885, tamén unha galaxia espiral, de magnitude 11,8 e situada a 50 minutos de arco ó suroeste de Zubeneschamali (β Librae).

Mitoloxía

Libra, a Balanza.

A constelación, que orixinalmente formaba parte das pinzas de Escorpio, é a mías nova do zodíaco e a única que non representa un ser vivo. Na mitoloxía grega, esta constelación figura coma a balanza sostida por Hera , deusa del matrimonio.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History