
| Inglés (English) | |
|---|---|
| Falada en: | Reino Unido, EUA, Canadá, e outros 70 países |
| Rexións do planeta: | Europa occidental, América, África, Oceanía, Asia |
| Total de falantes: | 380 millóns (primeira lingua), 600 millóns (primeira o segunda lingua) |
| Posición: | 2-4 a no mundo. |
| Família lingüística: | Indoeuropea Linguas xermánicas |
| Status oficial | |
| Língua oficial de: | Reino Unido, algúns estados dos EUA, Australia, Filipinas, India, Malta, Canadá e outras ex-colónias británicas |
| Regulada por: | --- |
| Codificacións | |
| ISO 639-1 | en |
| ISO 639-2 | eng |
| Véxase tamén: Linguas xermánicas – Lingua | |
A lingua inglesa ou inglés pertence á familia indoeuropea, subfamilia xermánica e grupo occidental. É lingua oficial en Inglaterra (de onde é orixinaria), en Estados Unidos, Australia e moitos países africanos que foron colonia británica.
Na actualidade é unha lingua cun gran número de falantes e un maior número de persoas que a entenden, maioritaria en internet e a máis usada internacionalmente a nivel comercial ou científico. Isto débese a que os países de fala inglesa son os de maior importancia económica no mundo actual.
Índice |
No século V, os invasores xermanos (Anglos e saxóns)dominaron toda a área de Inglaterra, onde se falaban linguas celtas (que hoxe sobreviven só en Escocia, Gales, Cornualles e Irlanda). Os dialectos falados por estes invasores convertíronse no que se coñecería despois coma idioma anglosaxón, do que na actualidade quedan algúns vestixios en zonas costeiras de Alemaña e os Países Baixos.
Tamén é salientable a influenza sobre a lingua inglesa que supuxeron os xutos, procedentes de Dinamarca.
Máis adiante, os viquingos establecéronse en partes da illa de Gran Bretaña. A súa lingua, o noruegués antigo, tamén interviu na formación do inglés.
No ano 1066, os normandos conquistaban Inglaterra. A alta nobreza que gobernou o país dende alí ata tres séculos máis tarde falaba soamente normando, unha lingua d'oïl moi próxima ó francés. Gran cantidade de vocabulario desta lingua filtrouse ó inglés, falado polas clases máis baixas. Así, aparecía o ingles medieval.
Tanto a aparición, no século XV, do Great Vowel Shift (ou Gran cambio vocálico) como a extensión, axudada polo goberno e pola imprenta, do dialecto londinense, levaron á definición do inglés moderno.
O inglés é probablemente o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna: 340 millóns de persoas, sendo o segundo máis falado, despois do chinés mandarín. Se se conta tamén como segunda lingua tería outros 200 mill. de falantes.
O inglés, ao espallar Inglaterra a súa lingua por todo o mundo (Imperio Británico), e ao converterse os Estados Unidos de América na maior potencia económica e militar, converteuse de facto na lingua franca dos nosos días.
A pesares da existencia doutras linguas internacionais e de idiomas como o esperanto ou a interlingua que buscan o emprego dunha lingua máis neutral, o inglés constitúe hoxe en día o principal idioma de comunicación internacional. Isto débese a que unha "civilización" dominante polo regular non adopta outra lingua, senón que, pola contra impón a súa; esta é a razón pola que en moitos dos paises europeos fálanse linguas derivadas do latín, por ser esta a lingua oficial do imperio romano.
Actualmente existen propostas para a neutralidade no uso dunha lingua auxiliar, con todo desde o punto de vista económico perderíanse grandes cantidades de diñeiro que hai que pagar durante o proceso ensino-aprendizaxe, estes son por exemplos as regalías que se pagan polos libros e material didáctico en xeral, ademais dos exames de certificación que hai que renovar cada certo tempo. Dos que se deduce a negativa para adoptar unha lingua internacional diferente ao inglés por parte dos que obteñen proveito con este negocio.
O inglés sitúase no terceiro ou cuarto lugar na clasificación de linguas máis faladas no mundo (tralo chinés mandarín, o hindi e o castelán). Sobre 377 millóns de persoas téñeno como lingua nai.
Ademais, a lingua inglesa é a segunda lingua máis aprendida no mundo. No século XXconvertiuse na lingua franca mundial en numerosos ámbitos (comercio, negocios, turismo...), en detrimento do francés.
Estatus do inglés no mundo:
Hai unha gran cantidade de dialectos do inglés; polo xeral, as diferencias non son tan notables como para que non haxa intercomprensión.
| País | Falantes nativos | |
|---|---|---|
| 1 | 215.423.557 | |
| 2 | 58.200.000 | |
| 3 | 17.694.830 | |
| 4 | 15.013.965 | |
| 5 | 4.200.000+ (Approx) | |
| 6 | 3.673.203 | |
| 7 | 3.500.000+ (Approx) | |
| 8 | 665.087[1] |
| Linguas oficiais da Unión Europea | ||
|---|---|---|
| Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
| Fonte: Sitio da Unión Europea | ||
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History