
| Mensa | |
|---|---|
| Nome Latino | Mensa |
| Abreviatura | Men |
| Xenitivo | Mensae |
| Simboloxía | A Meseta |
| Ascensión Recta | 4 h to 7,5 h |
| Declinación | −71 a −85,5° |
| Área | 153 graos cadrados
Rango 75º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
| Estrela máis brillante | α Mensae
(magnitude ap. 5,09) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +18° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de enero |
|
Mensa (Latín para Meseta) é unha constelación austral, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Mons Mensae, o nome fai referencia especificamente ó monte Table Mountain (equivalente literal a Mons Mensae en latín) en Suráfrica, dende onde Lacaille fixo importantes observacións do ceo austral. A constelación non conten estrelas brillantes, así Alpha Mensae a súa estrela máis brillante é apenas visible cunha magnitude 5.09, facendo dela a constelación menos visible no firmamento, pero conten parte da Gran Nube de Magallanes (o resto atopase na constelación de Dorado).
A constelación forma unha cuña en forma de chave no ceo e estendese dende aproximadamente 4 h ata 7,5 h en ascensión recta, e de 71 a 85,5 graos de declinación. Aparte da constelación sur polar de Octans, é a máis austral das constelaciones. Debido a esto, é esencialmente inobservable dende o Hemisferio norte. Ademais das xa mencionadas, outras constelacións veciñas son: Chamaeleon, Hydrus e Volans.
A primeira imaxe tomada polo Observatorio de raios X Chandra foi de PKS 0637-752, un quásar en Mensa cunha gran cantidade de gas visible tanto no espectro visible coma no de rayos x.
Dado que foi ideada no século XVII, e que se atopa no hemisferio sur, non foi visible para os pobos do Mediterráneo ou culturas antigas, polo tanto non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History