
| Musca | |
|---|---|
| Nome Latino | Musca |
| Abreviatura | Mus |
| Xenitivo | Muscae |
| Simboloxía | A Mosca |
| Ascensión Recta | 12h 27m 36s h |
| Declinación | −70° 20' 24"° |
| Área | 138 graos cadrados
Rango 77° |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
| Estrela máis brillante | α Mus
(magnitude ap. 2.69) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +10° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio |
|
Musca é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.
Índice |
A transitoria suave de raios-X Nova Muscae 1991 (ou Nova de Raios-X) é un obxecto binario consistente nunha estrela e nun burato negro. Durante o 1991 tivo un arranque de actividade que permitiu descóbrela, a radiación foi producida a través dun proceso de aniquilación positrónica. Musca tamén contén unha inusual nebulosa planetaria NGC 5189, localizada a máis de 3,000 anos luz da Terra. É unha estrutura complexa única que se asómella en miniatura á nebulosa do cangrexo. Tamén dentro da constelación está a Nebulosa do Reloxo de Area (MyCn 18) a unha distancia de 8,000 anos luz. O comparativamente vello cúmulo globular NGC 4833 preto de Delta Muscae está a 21,200 anos luz de distancia e un tanto escurecido por nubes de po preto do plano galáctico. O cúmulo globular NGC 4372 preto de Gamma Muscae é debilitado e parcialmente escurecido por po, pero estendese máis minutos de arco.
| Estrela | Nome da Estrela | Orixe do Nome | Significado do Nome |
|---|---|---|---|
| μ | Butain | Árabe | pequeno ventre |
| 35 | Krittika | Sánscrito | Pleiades |
Musca, no seu nome orixinal Apis – A Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille cambiarialle-lo nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
| Nomes Obsoletos de Constelacións |
|
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History