Ophiuchus


Free Web Hosting with Website Builder
Ophiuchus
Ophiuchus
Nome Latino Ophiuchus
Abreviatura Oph
Xenitivo Ophiuchi
Simboloxía O portador da serpe
Ascensión Recta 17 h
Declinación
Área 948 graos cadrados

Rango 11

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante α Oph (Ras Alhague)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros
  • Ophiuchidas
  • Ophiuchidas do Note de Maio
  • Ophiuchidas do Sur de Maio
  • Theta Ophiuchidas
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +80° e −80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo

Ofiuco ou Ophiuchus (o portador da serpe) é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Ptolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.

Ó norte de Ofiuco atopase Hércules, o suroeste Saxitario (Sagittarius) e ó surleste Escorpio (Scorpius); ó leste atopase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.

Índice

Estrelas principais

  • α Ophiuchi (Ras Alhague ou Rasalhague), a máis brillante da constelación con magnitude 2,09 e de cor branca; situada preto de Ras Algethi (α Herculis) ó norte da constelación.
  • β Ophiuchi (Cebalrai), de magnitude 2,77 e cor alaranxada, situada tamén ó norte da constelación.
  • δ Ophiuchi (Yed Prior), de magnitude 2,73 e cor vermella, situada ó sur da constelación e preto da cabeza da serpe.
  • ε Ophiuchi (Yed Posterior), moi preto de Yed Prior e de magnitude 3,23, unha estrela xigante de cor amarela.
  • ζ Ophiuchi, a terceira máis brillante da constelación (magnitude 2,54), estrela do raro tipo espectral O (azul escuro).
  • η Ophiuchi (Sabik), a segunda máis brillante con magnitude 2,43, estrela binaria branca da secuencia principal.
  • λ Ophiuchi (Marfik), estrela tripla situada no cóbado de Ofiuco.
  • X Ophiuchi, sistema binario composto por unha variable Mira e unha xigante laranxa separadas uns 0,5 segundos de arco.
  • RS Ophiuchi, nova recorrente formada por unha xigante vermella e unha anana branca. O seu brillo incrementase a intervalos irregulares varios centos de veces nuns poucos días. Pensase que está apunto de converterse nunha supernova tipo-1a.[1]
  • 70 Ophiuchi e 36 Ophiuchi, sistemas estelares próximos á Terra, o primeiro a 16,6 anos luz e o segundo a 19,5 anos luz.
  • Estrela de Barnard, a segunda estrela máis próxima ó sistema solar a 5,96 anos luz, unha anana vermella de brillo feble non visible a simple vista.
  • Gliese 628 (Wolf 1061), anana vermella a 13,81 anos luz.
  • Gliese 673, anana laranxa a 25,2 anos luz.


Obxectos Notables do espazo profundo

  • SN 1604 (Supernova de Kepler), supernova que tivo lugar no ano 1604.
  • Os cúmulos globulares M10 e M12 ó norte, ambos de cor amarela polas estrelas xigantes vermellas e alaranxadas.
  • Os cúmulos globulares M9 e M107, este último preto do plano galáctico a unha distancia de uns 20.000 anos luz; ambos ó sur da constelación.
  • NGC 6240, galaxia luminosa no infravermello, remanente da fusión de dúas galaxias menores.
  • NGC 6369, nebulosa planetaria coñecida tamén coma Nebulosa do Pequeno Espírito ou da Pequena Pantasma.
  • Nebulosa M2-9 (tamén coñecida como Nebulosa dos Chorros Xemelgos e Nebulosa As de Bolboreta), unha nebulosa planetaria bipolar que no seu centro posúe unha estrela binaria.
  • Tamén cita-lo cúmulo aberto IC 4665, o cúmulo NGC 6633, e os cúmulos globulares M14, M19, M62.

No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[2] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.

En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de osixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[3]

En aproximadamente 40.000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[4]

Historia

Debuxo de Johannes Kepler dando a localización da stella nova no pé de Ophiuchus.

Esta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Ptolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.

O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez no 9 de Outubro do 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de Outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pe de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebati-lo dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.

Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista ata o 1987 (ver Supernova 1987a.)

Mitoloxía

Na mitoloxía grega Ofiuco correspondese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenrolou tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por esto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Sen embargo, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.

Véxase tamén

Referencias

  1. Star 'soon to become supernova'. BBC News, 2006-07-23
  2. "Huge 'Superbubble' of Gas Blowing Out of Milky Way", PhysOrg.com, 2006-01-13. Consultado o 2008-07-04.  
  3. Molecular Oxygen Detected For The First Time In The Interstellar Medium
  4. Voyager - Mission - Interstellar Mission

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias







Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History