Pavo (constelación)


Free Web Hosting with Website Builder
Pavo
Pavo
Nome Latino Pavo
Abreviatura Pav
Xenitivo Pavonis
Simboloxía O Pavo
Ascensión Recta 20 h
Declinación −65°
Área 378 graos cadrados

Rango 44º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante α Pav (Joo Tseo, Pavo)

(magnitude ap. 1.94)

Choiva de meteoros

Delta Pavonidas

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +30° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto

Pavo, é unha constelación do Hemisferio sur. A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603.

Índice

Estrelas

Estrelas principais

  • α Pavonis (Peacock), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,94, é unha estrela binaria espectroscópica de cor azul a 183 anos luz de distancia.
  • γ Pavonis, anana amarela de magnitude 4,21 a 30 anos luz da Terra. Algo máis quente e significativamente máis antiga co Sol, é un dos obxectivos prioritarios dentro da procura de planetas terrestres.
  • δ Pavonis, de magnitude 3,55, estrela amarela da secuencia principal ou subxigante a só 20 anos luz de distancia.
  • κ Pavonis, estrela variable W Virginis, cun brillo que varía entre magnitudes de 3,91 e 4,78.
  • φ Pavonis, denominación que atinxe a dúas estrelas distintas: φ1 Pavonis, estrela de magnitude 4,8, e φ² Pavonis, anana amarela cun planeta no confirmado orbitando ó seu redor.
  • HD 181433, anana laranxa onde foron atopados un planeta extrasolar do tipo "Super-Terra" e un planeta do tipo xigante gaseoso.
  • SCR 1845-6357, sistema formado por una anana vermella e unha anana marrón a 12,57 anos luz de distancia da Terra.

Outras estrelas con Designación de Bayer

  • β Pav 3.42; ε Pav 3.97; ζ Pav 4.01; θ Pav 5.71; η Pav 3.61; ι Pav 5.47; λ Pav 4.22; μ1 Pav 5.75; μ2 Pav 5.32; ν Pav 4.63; ξ Pav 4.35; ο Pav 5.06; π Pav 4.33; ρ Pav 4.86; σ Pav 5.41; τ Pav 6.25; υ Pav 5.14; ω Pav 5.14

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 6752, espectacular cúmulo globular a 13.000 anos luz, o terceiro cúmulo globular máis grande en tamaño aparente.
  • NGC 6744, semellante á Vía Láctea, é unha das galaxias espirais máis grandes observadas. Está situada 3º o sueste de λ Pavonis.
  • NGC 6782, galaxia espiral barrada.

Historia

Constelacións de Ara, Altar e Pavo, o Pavo Real.

Dado que foi creada no século XVII e non foi visible para culturas mediterráneas, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula






Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History