
| Pegasus | |
|---|---|
| Nome Latino | Pegaso |
| Abreviatura | Peg |
| Xenitivo | Pegasi |
| Simboloxía | O Cabalo Alado / Pegasus |
| Ascensión Recta | 23 h |
| Declinación | 15° |
| Área | 1121 graos cadrados
Rango 7º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
5 |
| Estrela máis brillante | ε Peg (Enif)
(magnitude ap. 2.39) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −65°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Outubro |
|
Pegaso (o cabalo alado) é unha constelación do norte, que recibe o seu nome do pegaso mitolóxico. É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 inicialmente descritas por Ptolomeo.
Índice |
Pegaso ten unha aparencia de formar un cabalo pacendo, cunha gran área cadrada coma corpo. Na antigüidade existían distintas versións sobre quen era o cabalo. Coma un cabalo alado, Pegaso figura na mitoloxía grega, pero coma a figura que forma a constelación non ten ás, Eratóstenes consideraba esta identificación coma pouco crible.
Outra posibilidade que se propoñía era o cabalo que fixo brotar cás patas a fonte Hipocrene (que algúns autores atribuían ó propio Pegaso pero outros atribuíanllo a un cabalo distinto).
Outra versión defendía que non se trataba dun cabalo, se non dunha egua na que foi catasterizada Hipe, filla de Quirón, tras ser seducida por Eolo. Artemisa metamorfoseouna en egua para que non fora recoñecida polo seu pai, e púxoa entre as constelacións.
A estrela Delta Pegasi (nomeada "Sirrah" no mapa), unha das catro estrelas no cadrado de Pegasus, é hoxe en día considerada parte de Andrómeda, (α Andromedae) e usualmente chamada "Alpheratz." Movendo a estrela, o cadrado convertese nun triángulo pegado ó corpo, deste xeito forma unha á.
A estrelas máis brillantes de Pegaso son α Peg e β Peg, que xunto con γ Peg (terceira en magnitude) forman a á triangular do cabalo.
O corpo do cabalo consiste nun cuadrilátero formado polas estrelas α Peg, λ Peg, ι Peg e ξ Peg.
As patas dianteiras do cabalo alado teñen dúas estrelas de cuarta magnitude que non teñen designación de Bayer pero que teñen números Flamsteed: 1 Pegasi e 9 Pegasi.
As estrelas ε Peg e θ Peg pertencen ás patas traseiras con ε Peg de terceira magnitude. ρ Peg e σ Peg pertencen á cola, pero ambas son opacas.
η Peg e π Peg forman la cabeza: π é o fociño, η é de magnitude tres. μ Peg é o comezo do pescozo.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History