
| Perseus | |
|---|---|
| Nome Latino | Perseus |
| Abreviatura | Per |
| Xenitivo | Persei |
| Simboloxía | Perseo |
| Ascensión Recta | 3 h |
| Declinación | 45° |
| Área | 615 graos cadrados
Rango 24º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
5 |
| Estrela máis brillante | α Per (Mirfak)
(magnitude ap. 1.79) |
| Choiva de meteoros |
|
| Constelacións
colindantes |
|
| Visible en latitudes entre +90° e −35°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Decembro |
|
Perseus é unha constelación do norte e representa a Perseo, heroe mitolóxico que decapitou a Medusa. É unha das 48 constelacións de Ptolomeo así coma unha das 88 constelacións modernas. Nela está a famosa variable Algol (β Persei), e nela acontece a chuvia de meteoros das Perseidas.
Índice |
As estrelas da constelación Perseus poden ser conectadas dun xeito alternativo.
O corpo de Perseus está formado polas estrelas β Per, κ Per, ι Per, α Per, σ Per, ν Per, e ε Per. α Per e β Per son de segunda magnitude. A estrela ε Per é de terceira magnitude.
As estrelas α Per, γ Per, τ Per, e ι Per forman a cabeza de Perseus: gamma Persei é de terceira magnitude. As estrelas γ Per, η Per, e τ Per forman o pucho (ou a cúspide do casco).
As estrelas α Per, ψ Per, δ Per, 48 Per, μ Per, e λ Per forma o brazo e man esquerda de Perseus: sendo δ Per de terceira magnitude.
As estrelas ι Per, θ Per, e φ Per forma o brazo e a man dereita. A man dereita de Perseus, φ Per, está tirando dun dos pés de Andrómeda (51 Andromedae), tentándoa de liberala. (Despois de liberala, casaría con ela.)
As estrelas ε Per, ξ Per, ζ Per, e ο Per forma a perna e o pé esquerdo de Perseus: sendo ζ Per de terceira magnitude.
Finalmente as estrelas β Per, ρ Per, 16 Per (con π Per) forma o pé e a perna dereita de Perseus.
Perseus era un semideus fillo de Zeus e da mortal Dánae. Unha das súas máis coñecidas fazañas foi a de dar morte á gorgona Medusa, que tiña o poder converter en pedra a calquera só coa súa mirada. Utilizando o escudo de bronce de Atenea coma espello, partiu a cabeza de Medusa e fixo brotar o seu sangue da que naceu o cabalo alado Pegasus.
A constelación de Perseus representa a un guerreiro armado có casco de Hades, o escudo de Atenea, a espada e os talares de Hermes; que porta na súa man a cabeza de Medusa, o ollo da mesma é representado pola estrela Algol. No esquema celeste, Perseus é incluído no conxunto que engloba a Cepheus, Cassiopeia, Andrómeda, Pegasus e Cetus.
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History